
A AFA Pía da Casca é a Asociación de Familias do Alumnado do CEIP As Mercedes. Cremos firmemente na importancia da participación activa das familias na vida escolar, a través da comunicación e colaboración co equipo docente e a dirección do centro e da interacción e coordinación entre todos os membros da comunidade educativa. Esta web, entendida como un espazo aberto ao diálogo e a cooperación, recolle toda a información sobre as nosas iniciativas, actividades, servizos e proxectos.
A xunta directiva da nosa AFA está formada por:
Presidenta- María Micolau Sáenz
Vicepresidenta- Rocío Pato Cachaldora
Secretaria- Patricia Velasco Pereira
Tesoureira- María Pereiro Sánchez
Vogal- Manuel Sánchez Sánchez
Vogal- Pablo Nogueira Campo
Vogal- Froila López Piñeiro
Vogal- Juan Agra Barral
Vogal- Jaime Castro Paz Taboada
Para fomentar e facilitar a comunicación recíproca con todas as familias respecto a temas colectivos, cada aula conta cunha persoa representante. Toda axuda, idea ou suxestión é benvida e valorada, polo que animámosvos a unirvos a esta asociación e participar dinamicamente na procura dunha educación integral e de calidade para as nosas crianzas.


Quen somos?
Servizos
COMEDOR
O servizo de comedor é atendido polo Catering Gallego en horario de 14:00 a 16:00 horas, nas instalacións da nosa escola.
ACOLLIDA TEMPERÁ
O noso centro conta cun servizo diario de Acollida temperá desde as 7:30 ata as 9:00 horas, momento no que comeza a actividade lectiva na escola.
EXTRAESCOLARES
De luns a venres, o noso centro conta cun servizo de Ludoteca de 16:00 a 17:30 horas.
LUDOTECA
De luns a venres, o noso centro conta cun servizo de Ludoteca de 16:00 a 17:30 horas.
ESCOLA DE FAMILIAS
Desde a AFA queremos impulsar a formación, orientación e reflexión das familias, a través de diversas propostas e actividades cooperativas, que fomenten un entorno familiar positivo na procura dun desenvolvemento integral nas nosas cativas e cativos.
IGUALDADE
A AFA Pía da Casca apóiase na idea de escola como axente transformador, co obxectivo de contribuír na construción dunha comunidade educativa baseada no respecto, a non discriminación e o desenvolvemento pleno de todas as nenas e nenos a través dun pensamento crítico. Deste xeito, promóvense iniciativas e proxectos encamiñados a resaltar o carácter fundamental do dereito á igualdade en todos os ámbitos.


